Biografía
Graduado na Escola Superior de MÚsica de Catalunya, Iván Fernández (Vigo, 1984) completou os seus estudos de máster de interpretación do piano na Ak. Gnessin de Moscova, onde foi galardoado co Diploma Vemello (CUM LAUDE) da man da mestra Vera B. Nosina (Catedrática e Artista Honorífica de Rusia).
Membro activo no xurado do festival e Concurso Internacional de Piano de Bragança (Portugal), Iván foi premiado en certames internacionais coma o “Concurso Internacional Musica Classica” (Ruza, Rusia) e finalista no “Concurso internacional de jóvenes intérpretes de Llíria” (València).
Ten ofrecido concertos en numerosas localidades de ámbito nacional e internacional. O seu repertorio comprende desde a música barroca ata a contemporánea. Participou en diferentes edicións do festival Vigo Jazz-Class e é intérprete asiduo no Festival MusicaV.
Colabora con compositores da actualidade interpretando e rexistrando o seu repertorio, destacando principalmente figuras como Miguel Matamoro ou Juan Durán.
Contribúe tamén á difusión da obra doutros autores cuxa inspiración reside na música popular e tradicional galega, tales como Andrés Gaos, Rogelio Groba ou Isidro Maiztegui.
En 2022 publicou o seu primeiro traballo discográfico con obras de Andrés Gaos e Robert Schumann.
Actualmente compaxina a docencia coa interpretación.
Entre os anos 2016 e 2017 colaborou con Radio Arzúa como creador e organizador da emisión musical semanal “Programa de man”.
Arzúa