top of page

Biografía

Nado en Vigo en 1984, Iván Fernández iniciou a súa formación musical coa Mestra Rita Ivaskeviciute.


Graduouse en interpretación do piano na Escola Superior de MÚsica de Catalunya sendo mencionado con honores polo seu Proxecto de Investigación “Recursos expresivos en las últimas sonatas de Beethovene interpretando as sonatas op.109, op.110 e op.111 do compositor en concerto.

En 2015 obtivo o máster de interpretación do piano na Academia Gnessin de Moscova, onde foi galardoado co Diploma Vermello (CUM LAUDE), estudiando alí con Vera B. Nosina (Catedrática e Artista Honorífica de Rusia).

En 2013 obtivo o primeiro premio e recibiu o diploma á mellor interpretación de música rusa na edición XIV do “Concurso Internacional Musica Classica”, celebrado na localidade de Ruza (Rusia). No ano 2009 foi finalista no “Concurso internacional de jóvenes intérpretes de Llíria” e foi galardoado coa beca de excelencia “Anna Riera”.

 

En 2022 publicou o seu primeiro traballo discográfico con obras de Andrés Gaos e Robert Schumann.

Ten ofrecido concertos en diversas localidades de ámbito nacional e internacional. O seu repertorio comprende desde a música barroca ata a dos nosos días.

É membro activo no xurano do Concurso Internacional de Piano de Bragança (Portugal).


Recibiu consellos de músicos como Leonid N. Sintsev, Pavel Dombrovsky, Lidya Reznikova, Tatiana Tarnavskaya, Jarosław Drzewiecki, Arcadi Volodos, Douglas Humpherys, Alba Ventura, Rasa Biveiniene, Ramon Coll, Salvador Mas, Michal Drewnowski, Meira Farkas, Natalia Posnova, Ingrid Sotolarova, Yuri Bogdanov, Christian Zacharias, Luis Pipa, Josep Colom, Cuartet Casals ou Leonel Morales, entroutros.

Actualmente compaxina a docencia coa interpretación. 

Entre os anos 2016 e 2017 colaborou con Radio Arzúa como creador e organizador da emisión musical semanal “Programa de man”.

 

 

 

bottom of page